Todos os ríos levan ao mar, sonoro, maino, ás veces bravo, esta é a quenda dela, tamén maina e brava... ela é Eli Ríos.
Escritora e poeta feminista é, sen dúbida, unha das referentes no mundo literario galego. Nacida en Londres ao mesmo tempo que o punk rock, guerreira, artista completa e comprometida. Muller ecléctica, de asfalto e sendeiros.
Eli colabora en diversas obras
colectivas, realiza obradoiros de escrita, obradoiros de igualdade, contacontos
infantís e forma parte da revista dixital de crítica literaria feminista A
Sega. Nas súas creacións está implícita a denuncia e a reivindicación constante.
Maniféstase en contra dos silencios e violencias que constrúen cadeas ao redor das mulleres. Muller de periferias. Eli Ríos é irreverente coas inxustizas. Nada lle é alleo.
Remove a imaxinación ata conxugar as ideas que quere trasladar ao mundo adolescente que a teñen como unha muller cool, dinámica, espacial e especial.
Coñecida no mundo literario polas
súas novelas e poesías mais tamén por obradoiros, charlas, roteiros... Moit@s tivemos o privilexio de gozar do seu talento e partillar as súas ensinanzas no noso centro.
Disfrutade de “Pasa, río, pasa, río” na voz de Eli Ríos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario