Día de Rosalía

  Día de ROSALÍA💜

O pasado 23 de febreiro celebrouse no IES Macías o Namorado o día de Rosalía, día no que o alumnado participou nun acto conxunto celebrado na Praza de Macías o Namorado, con representantes dos Concellos de Rois, Dodro e Padrón.

Logo dunha ofrenda floral ante a estatua da poetisa no Espolón, xunto co alumnado do IES Camilo José Cela, o alumnado leron poemas en homenaxe á escritora.

Ao mesmo tempo, dentro do IES, fixéronse dous actos de homenaxe:

     -O alumnado de 1º e 2º da ESO leerán un manifesto louvando a figura de Rosalía e declamaron, acompañados do profesorado, varios poemas rosalianos no Salón de Actos.

    -Seguidamente o alumnado de 4º da ESO fixeron unha homenaxe baixo o mural de Lidia Cao que dende hai varios anos, lembra para sempre á padronesa do noso IES.

Con estas tres lembranzas a comunidade do Macías lembrou á nosa Rosalía💜





A ofrenda e lectura de poemas tivo lugar no Paseo do Espolón

onde figura a estatua da célebre escritora




(Fotos IES Camilo José Cela)


                    
                      Lectura do manifesto (1º-2º  da ESO):





E por último, velaquí vos presentamos algúns dos retratos feitos polo alumnado de 4º da ESO
coa materia de expresión artística:








EDLG


Día da Ilustración Galega: Xesús "Chichi" Campos

 O Día da Ilustración celébrase en Galicia o 30 de xaneiro, coincidinto coa data de nacemento de Castelao percisamente para render tamén homenaxe ó que foi un dos nosos ilustradores máis importantes con obra en prensa e recollida en álbumes coma "Cousas da Vida" ó que pertence a escolma de viñetas qqque estivo exposta na entrada do instituto.

Este ano adícaselle a Xesús "Chichi" Campos que ademais de ter sido un dos debuxantes satíricos máis relevantes nos anos 70 e 80 tamén foi un dos pioneiros da banda deseñada en Galicia e guionista para a TVG na súa primeira etapa. Quédavos aquí o enlace á páxina do Día da Ilustración por se queredes saber algo máis.

https://diadailustracion.gal/

Para render a nosa homenaxe a Chichi Campos o alumnado de expresión artística traballou nun conxunto de caricaturas de persoal do centro (non só profes) que están expostas na biblioteca. Recoñecedes a alguén?















 

XANEIRO É DE CASTELAO



Xaneiro é de Castelao... e dende o Macías traballamos arreo para facer esta presentación, que nos quedou ben fermosa!

Moitas grazas a todo o alumnado que participou!











Ademais de todo isto, o noso alumnado de 1º ESO tamén visitou o Museo de Pontevedra para ver a exposición dedicada a Castelao, onde puideron observar as distintas etapas do seu percorrido, impresións sobre as numerosas actividades culturais ás que asistiu, así como reflexións recollidas no seu diario.







EDLG