Entrevista á escritora Oriana Méndez

Temos o pracer de mostrarvos esta entrevista á poeta, filóloga, política e profesora de lingua e literatura galega Oriana Méndez, con quen tivemos ocasión de traballar e compartir conversas estas últimas semanas no noso centro.
Oriana foi a gañadora da XVIII edición do Premio de Poesía Afundación co seu poemario Interna.

Premendo nas seguintes imaxes, accededes á entrevista, dirixida pola alumna Silvia Bueno Portela, así como á lectura dun dos textos da súa obra O corazón pronúnciase extenso:
                                     
     
Agradecemos a colaboración, nesta actividade, da nosa compañeira e tamén poeta Rosa Enríquez.

A muller do mes de outubro é... Sabela Ramos Garea

Sabela Ramos, imaxe tomada de lavozdegalicia.es

A enxeñeira informática Sabela Ramos Garea (Padrón, 1986) foi recentemente galardonada co Premio Ada Byron polo Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia. O premio foi anunciado o pasado 13 de outubro, coincidindo co Día Internacional Ada Lovelace, adicado á que está considerada como a primeira muller programadora informática da historia.

Na seguinte ligazón accededes á unha interesante entrevista que "La Voz de Galicia" lle fixo a Sabela, onde a padronesa destaca a importancia de que as rapazas teñan referentes mulleres no mundo científico e tecnolóxico: entrevista a Sabela Ramos Garea, La Voz de Galicia.

Moitos parabéns, Sabela!

O que arde

Óliver Laxe, nos XII Premis Gaudí 2020
Cartel de O que arde, tomado de filmaffinity.es
O pasado 6 de outubro coñecimos que a película do director galego Óliver Laxe O que arde foi incluída na preselección de longametraxes para representar a España nos premios Óscar. Desexamos un bo camiño a esta magnífica película cara á alfombra vermella. Que haxa sorte!

Silencio

 

Agustín Agra, biólogo e escritor noiés, rompe con 5 anos de silencio con Silencio, unha serie de relatos que, en conxunto, artellan unha novela que afonda na revolución do pensamento científico.

Para coñecer un pouco máis esta obra de Agustín, aquí vos deixamos a ligazón á entrevista que concedeu á tvg o pasado 28 de outubro: 

Entrevista a Agustín Agra, autor de Silencio.

Xa temos ganas de lela!

 



Que tal un pouco de música?