Temos o pracer de mostrarvos esta entrevista á poeta, filóloga, política e
profesora de lingua e literatura galega Oriana Méndez, con quen tivemos ocasión de
traballar e compartir conversas estas últimas semanas no noso centro.
Oriana foi a gañadora da XVIII edición do Premio de Poesía Afundación co seu poemario Interna.
Premendo nas seguintes imaxes, accededes á entrevista, dirixida pola alumna Silvia Bueno Portela, así como á lectura dun dos textos da súa obra O corazón pronúnciase extenso:
Agradecemos a colaboración, nesta actividade, da nosa compañeira e tamén poeta Rosa Enríquez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario