XI Día da Ciencia en Galego

En novembro celebramos o XI Día da Ciencia en Galego. Por mor da COVID, este 2020 non nos permitirá organizar experiencias científicas e tecnolóxicas como tiñamos pensado, monitorizadas polo alumnado, quen achegaría á comunidade educativa tódolos seus coñecementos na nosa lingua. 

Porén, o noso centro recibirá, vía online, á neurocientífica Sonia Villapol Salgado, que impartirá en galego desde o Texas Medical Center (Houston) unha charla que leva por título: "Só a ciencia nos rescatará da pandemia", dirixida á rapazada de 1º de Bacharelato. 

Un ano máis, reivindicamos o dereito a gozar da ciencia en galego!

Actualización: xa tedes dispoñible o vídeo desta interesante charla; botade unha ollada desde o minuto 22:


Ningún comentario:

Publicar un comentario