Margarita Ledo, imaxe tomada da AELG |
Cartel de Nación, tomado de filmaffinity.com |
O festival de cine de Sevilla vén de conceder, na súa 17ª edición, ao filme Nación da escritora e cineasta galega Margarita Ledo Adión, o premio especial á mellor dirección dun filme estatal. A cinta trata sobre a historia das mulleres que loitaron contra o peche da fábrica de cerámica de Pontesa. O xurado do certame destacou a reivindicación que esta película fai da memoria das mulleres galegas que traballaron nas factorías da modernización incipiente do século XX e que despois sufriron as consecuencias da reconversión industrial.
A continuación, deixámosvos o tráiler deste filme, que poderá verse esta semana no festival Cineuropa Compostela, onde a cineasta será tamén recoñecida este mércores 18 de novembro co Premio Cineuropa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario