Este espazo é VIOLETA. Violeta feminista, violeta da igualdade, do respecto, da xustiza, dos dereitos. Aquí atoparedes recomendacións literarias, audiovisuais e tamén unha galería de imaxes que amose como desde o noso centro traballamos por un mundo máis violeta, un mundo mellor.
25 DE NOVEMBRO
Preme na seguinte imaxe para ver fotos da xornada 25N 2020 no Macías:
Non vos podemos deixar de recomendar a canción de Rozalén, La puerta violeta, da que podedes gozar premendo neste videoclip:
Fotos da concentración en Santiago de Compostela, e eslogan do concello de Pontevedra (imaxe tomada de El diario de Pontevedra):
EDUCAR EN IGUALDADE
As mulleres na astrofísica nuclear. No seguinte calendario se homenaxea a 12 mulleres clave nesta disciplina científica.
Podedes descargar aquí o calendario 2021 en galego.
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS VIOLETAS
Mellixóns para cear, de Birgit Vanderbeke. Máis en culturagalega.org.
Vacastras, de Rosa Enríquez. Máis en editoraurutau.com.
Ningún comentario:
Publicar un comentario