MANIFESTO 25 DE NOVEMBRO






  • Este venres, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
  • Día no que se denuncia a violencia machista e se reclaman políticas para a súa erradicación en todo o mundo.
  • Erradicación de todas as formas de violencia machista:  violencia física e psicolóxica, ameazas, coaccións, agresións á liberdade sexual, trata de mulleres e asasinatos.
  •  As mulleres son asasinadas só polo feito de seren mulleres a mans de homes que as consideran da súa propiedade. 
  • 1168 mulleres foron asasinadas en España dende que se comezou a levar a conta no ano 2003.
  • 38 mulleres asasinadas no que levamos deste ano 2022.

 

Neste pasado ano 2021 celebrouse o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán e foi esta muller, feminista nunha época na que a muller estaba só relegada ao papel de nai e esposa, quen nos deixou un texto escrito hai máis de 120 anos que  por desgraza é de total actualidade. 

 
MULLERICIDIOS

Seguen á orde do día os asasinatos de mulleres. Aprenderon os criminais que iso de “a paixón” é unha gran defensa, e que pola “paixón”, sáese á rúa libre e en paz de Deus, e non se descoidan en revestir de cores pasionais os seus desafogos mullericidas.

Paixón? Non: cobiza e barbarie. A paixón é nobre, e estes criminais mullericidas obedecen aos impulsos máis innobres e baixos. O que axexa o paso dunha muller, atravésalle o corazón ou a degola, e despois alega que a quería, que a adoraba, que non podía vivir sen ela, a ese, todo o rigor da lei, porque ademais de criminal é un covarde.

O mullericidio sempre debería reprobarse máis que o homicidio. Non son os homes os fortes, os poderosos? O abuso do poder non é circunstancia agravante? Cando matan, cruelmente, a muller, non se lles debería esixir máis estrita conta? 

Porén a historiografía da criminalidade abunda en mullericidios, impunes moitas veces. O home, en xeral, pensa vagamente que por ser home ten dereito de vida e morte sobre a muller. Os resultados desta crenza vémolos acotío. 
Ata cando durará esta vaga de paixón?
 
 

As mulleres estamos:


FARTAS DE QUE CUESTIONEN COMO VESTIMOS!

FARTAS DE QUE NOS DIGAN O QUE TEMOS QUE FACER E COMO FACELO!

FARTAS DE QUE NOS DIGAN QUE E COMO TEMOS QUE PENSAR!

FARTAS DE TER MEDO A SAÍR SOAS Á RÚA!

FARTAS DE QUE NOS MATEN!        
 
 
O IES MACIAS O NAMORADO DI NON A TODO TIPO DE VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Biblioteca e o Departamento de Orientación 



 


O DÍA 4 DE NOVEMBRO CELEBROUSE O XIII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO E, DENDE A MATERIA DE ANATOMÍA APLICADA, O ALUMNADO CREOU UNS CARTACES ADICADOS ÁS PERSOAS HOMENAXEADAS NESTE ANO 2022.


OS CARTACES GAÑADORES FORON:




Amalia - 1º Bac A



Sabela - 1º Bac B





XIII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO


O día 4 de novembro

    Homenaxeados: 

  • Ángeles Alvariño (oceanógrafa)
  • Evaristo Galois (matemático francés)

Dia da Ciencia en galego 2022


O día catro de novembro celébrase o XIII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, celebración que pretende salientar a difusión do coñecemento científico no noso idioma, contribuír a promover a investigación desenrolada na nosa lingua e salientar as achegas dos galegos e das galegas á ciencia universal. 


As persoas homenaxeadas neste ano 2022 son:


  • A oceanógrafa galega Ángeles Alvariño
  • O matemático francés Evaristo Galois

Por se é do voso interese, podedes atopar información e actividades en:

https://www.xunta.gal/hemeroteca/-/nova/015913/celebracion-del-dia-ciencia-gallego-contribuye-poner-valor-uso-del-idioma-ambito?langId=gl_ES

http://www.cienciaengalego.org

http://www.igaciencia.eu/gl/taxonomia/galego

http://consellodacultura.gal/noticia_arquivo.php?id=9118&tipo=noticiaarquivo&arq=1

 

Saúdos!!!


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

EQUIPO DA BIBLIOTECA




PARTICIPACIÓN E PREMIOS DO CONCURSO DE SAMAÍN🎃


CONCURSO DE CABAZAS🎃

O 1º PREMIO DE CABAZAS FOI PARA...........Iker Martínez Sóñora (1º B)


O 2º PREMIO DE CABAZAS FOI PARA.......José Villaverde Casado (1ºA)



CONCURSO DE DISFRACES👻

O 1º PREMIO DOS DISFRACES FOI PARA........" A Peste!"  Candela Bello Rodríguez (2ºA)


O 2º PREMIO DOS DISFRACES FOI PARA........."A Santa Compaña!!" GRUPO formado por:

Iker Martínez, Lucas Somoza, Alonso Orosa e Elías Rey


A RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE MICRO RELATOS CURTOS DE ULTRATUMBA💀📝

 

1º PREMIO: Daniel Trigo Rodríguez 2ºB por Unha cabaza especial”

 

2º PREMIO: Samuel Ocando Castro 3ºB por “Volven”


NORABOA ÁS PERSOAS GAÑADORAS!! 


E AGORA.......UN PEQUENO RESUMO DO SAMAÍN 2022



 GRAZAS A TÓDALAS PERSOAS PARTICIPANTES!!!!!!!




ENTREGA DE PREMIOS O VENRES NO 2º RECREO (BIBLIOTECA)


















Audiovisual galego de Goya

🎞️🎬🏆 O sábado pasado o audiovisual galego estivo de parabéns:

  • A película de animación dirixida por Chelo Loureiro, Valentina, da que xa vos falaramos (lembra a entrada das novidades deste pasado Nadal aquí), levou un premio Goya.
Chelo Loureiro, imaxe tomada de farodevigo.es
Chechu Salgado, imaxe tomada de laopnioncoruna.es
  • A compositora Zeltia Montes levou tamén o Goya á mellor música orixinal pola composición para a película El buen patrón.
Zeltia Montes, imaxe tomada de ecartelera.es

Roteiro Castelao

A pasada semana o alumnado de 2º ESO visitou o Museo Provincial de Pontevedra co motivo de celebrar o mes de Castelao.

Completaron esta actividade cun roteiro pola cidade visitando lugares clave onde o escritor desenvolveu boa parte da súa actividade cultural e política: o café moderno, o barrio da Moureira o a praza da Ferrería.

Imaxe tomada de cultura.gal

👉 Para saber máis sobre esta visita, preme aquí.

Exposición de Castelao


🥳🌍 Celebramos xaneiro, celebramos TERRA!!

✊ Si, celebramos a nosa lingua, o noso país, a nosa TERRA. Paraberizamos a este grupo musical, as Tanxugueiras, polos éxitos acadados, a pesasres de todo. Elas foron quen de levar a nosa música, a nosa cultura alén do país, alén dos marcos.

Grazas por facernos soñar e visibilizar que é posible unha Galiza sen límites. Máis unha vez, grazas Tanxugueiras! 🤗💜

                                                                                          Non hai fronteiras!!

Por Castelao

Celebramos TERRA a través dunha das figuras máis relevantes da cultura galega. E celebrámola coa exposición: "Se aínda somos galeg@s é por obra e gracia do idioma" onde queremos mostrarvos parte do seu legado como ensaísta, dramaturgo, debuxante, narrador, político... Figura ilustrísima polo seu compromiso co país, coa lingua, coas xentes, co patrimonio, coa terra. Castelao tamén levou a Galiza alén do mar.

Non hai fronteiras!

"Galego, idioma moderno co que podemos comunicarnos con millóns de persoas"

 
💁🏻‍♀️ Na exposición podedes ver unha grande mostra das súas obras, tanto en narrativa coma en debuxos, para conmemorar o ano do seu nacemento (29-01-1986) e do seu pasamento (7-01-1950) e lembrar a este ilustre persoeiro.

👀 Eis unha mostra: