MANIFESTO 25 DE NOVEMBRO






  • Este venres, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
  • Día no que se denuncia a violencia machista e se reclaman políticas para a súa erradicación en todo o mundo.
  • Erradicación de todas as formas de violencia machista:  violencia física e psicolóxica, ameazas, coaccións, agresións á liberdade sexual, trata de mulleres e asasinatos.
  •  As mulleres son asasinadas só polo feito de seren mulleres a mans de homes que as consideran da súa propiedade. 
  • 1168 mulleres foron asasinadas en España dende que se comezou a levar a conta no ano 2003.
  • 38 mulleres asasinadas no que levamos deste ano 2022.

 

Neste pasado ano 2021 celebrouse o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán e foi esta muller, feminista nunha época na que a muller estaba só relegada ao papel de nai e esposa, quen nos deixou un texto escrito hai máis de 120 anos que  por desgraza é de total actualidade. 

 
MULLERICIDIOS

Seguen á orde do día os asasinatos de mulleres. Aprenderon os criminais que iso de “a paixón” é unha gran defensa, e que pola “paixón”, sáese á rúa libre e en paz de Deus, e non se descoidan en revestir de cores pasionais os seus desafogos mullericidas.

Paixón? Non: cobiza e barbarie. A paixón é nobre, e estes criminais mullericidas obedecen aos impulsos máis innobres e baixos. O que axexa o paso dunha muller, atravésalle o corazón ou a degola, e despois alega que a quería, que a adoraba, que non podía vivir sen ela, a ese, todo o rigor da lei, porque ademais de criminal é un covarde.

O mullericidio sempre debería reprobarse máis que o homicidio. Non son os homes os fortes, os poderosos? O abuso do poder non é circunstancia agravante? Cando matan, cruelmente, a muller, non se lles debería esixir máis estrita conta? 

Porén a historiografía da criminalidade abunda en mullericidios, impunes moitas veces. O home, en xeral, pensa vagamente que por ser home ten dereito de vida e morte sobre a muller. Os resultados desta crenza vémolos acotío. 
Ata cando durará esta vaga de paixón?
 
 

As mulleres estamos:


FARTAS DE QUE CUESTIONEN COMO VESTIMOS!

FARTAS DE QUE NOS DIGAN O QUE TEMOS QUE FACER E COMO FACELO!

FARTAS DE QUE NOS DIGAN QUE E COMO TEMOS QUE PENSAR!

FARTAS DE TER MEDO A SAÍR SOAS Á RÚA!

FARTAS DE QUE NOS MATEN!        
 
 
O IES MACIAS O NAMORADO DI NON A TODO TIPO DE VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Biblioteca e o Departamento de Orientación 



Ningún comentario:

Publicar un comentario