Consegue a túa pegatina do mural de Rosalía!

🤩🔝 Que vos parece esta pegatina do mural que Lidia Cao pintou no noso insti? Non me digades que non está chula esta Rosalía de Castro que agora dá outro aire nesa entrada do centro. O EDLG púxose mans á obra coa difusión desta artistada, démoslle unhas cantas voltas e... voilá! Velaquí estas marabillas! Que ganas tiñamos de telas!

📢 Apetécevos ter a vosa? Pois xa podedes conseguila!!

🤔 Quen?

- Todo o profesorado e persoal non docente interesado.

- O alumnado que participou nalgunha actividade do EDLG: concurso de Castelao, tiktok, e, por suposto, as rapazas que forman parte do equipo. 

- Para o resto da rapazada: podedes facervos coa vosa bloggeando un pouco. Seguide lendo... 🙏👀

🤷🏻‍♀️ 🗺️ Como e onde?

- Para todo o profesorado e persoal non docente, e tamén para o alumnado que xa participou en actividades do EDLG: pásadevos pola aula 12 e recollede a vosa!

- Se aínda non participastes en ningunha proposta do EDLG, queremos animarvos a facelo: deixade o voso comentario nesta entrada, e poderedes recoller a vosa pegatina tamén na aula 12.

⏳ 🗓️ Cando?

Desde hoxe, mércores 10 de marzo, ata o próximo xoves, 18 de marzo.

👉 Por certo, que tódalas vosas achegas e suxestións serán ben recibidas, así que esta é unha invitación para toda persoa que queira contribuír á dinamización e mellora deste blog. Procuredes ou non a pegatina... animádevos a teclear! 📩 💻

14 comentarios:

  1. É una pintura moi bonita, con moitos detalles, enche un gran espacio en blanco e queda moi bonita nesa parede do instituto. Foi un gran traballo!!!

    ResponderEliminar
  2. Bos días, esta pintura é moi bonita e ten unhas cores que chaman a atención. Cando entras ao insti o primeiro que fas é mirar para él co fermoso que é. BO TRABALLO!!!

    ResponderEliminar
  3. Creo que é bo ter algo de arte nos institutos, incrementa as ganas de vir, xa que o centro semexa máis moderno. Ademais disto poder ter unha pintura desta artista tan boa alegra a vista e fai que a queiras ensinar.
    Gústame moito, Rosalía é un símbolo galego co que tod@s ou case tod@s podemos identificarnos e sentir orgullo por Galiza.

    ResponderEliminar
  4. parece moy interesante esta actividade que fixemos e encantame
    S.B.C

    ResponderEliminar
  5. Gústame moito esta pintura, penso que simboliza algo bonito.
    A.S.M

    ResponderEliminar
  6. Gústame este blog porque permiteme acceder ao diccionario moi rápido. A pintura quedoubos moi ben
    X.M.R

    ResponderEliminar
  7. Pareceme un traballo increible e con moito esforzo detras 10/10

    ResponderEliminar
  8. Moi bo traballo! Gustaríame felicitarbos polo voso traballo e esforzo.
    E.C.C

    ResponderEliminar
  9. Encantame o blog. Un traballo chilisimo.
    Seguide así!!! 🥳🥳🥳

    ResponderEliminar
  10. Ola, gústame moito o idea do blog e encántame o seu contido
    Ramón Parada Bueno

    ResponderEliminar
  11. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  12. Gustame moito este blog por que ten cousas moi interesantes e divertidas
    C.M.I

    ResponderEliminar