25 N, Día internacional contra a violencia machista

   
Estas dúas imaxes serven para abrir a primeira entrada deste blog sobre o 25 N, o día internacional contra a violencia machista. A primeira, obtida da páxina web do Concello de Cabanas, sinala, con toda a forza, A NOSA VIDA É NOSA. A segunda ilustra de xeito moi claro a situación actual que estamos a vivir, a través do iceberg violeta, mostrando que o machismo que se ve só é unha pequena parte de todo o que acontece debaixo.

O EDLG do IES Macías o Namorado está a preparar, para este mércores 25 de novembro de 2020, unha actividade que esperemos impacte e sensibilice a todo aquel/a a quen chegue. A covid pon trabas a tódalas ideas que tiñamos para esta xornada, pero non impedirá que dun xeito ou doutro consigamos o noso cometido: berrar alto e forte NIN UNHA MÁIS, NIN UNHA MENOS.


E non esquezamos estes datos terribles: 

      1.073 mortas dende o ano 2003

    40 mortas no q vai de ano 2020


AS IRMÁS MIRABAL

As alumnas Nerea Carnota, Sheila Facal e Nerea López interpretan ás irmás Mirabal para explicarmos a historia do 25 N: por que se escolleu esta data para reivindicar a eliminación da violencia contra ás mulleres? Narrado por Saray del Río e gravado por Laura Campos, non perdas un minuto en botarlle un ollo a este vídeo:

 
 

PARA REFLEXIONAR 

Velaquí o texto Por que foi?, tristemente de seria actualidade:
 

 Para máis información sobre o 25 N e todo o que rodea a esta data, visita a nosa XANELA VIOLETA.


Ningún comentario:

Publicar un comentario