Un ano máis neste oito de marzo seguimos concienciándonos para conseguir erradicar a discriminación que aínda existe na nosa sociedade polo simple feito de ser muller. Continuaremos poñendo de relevo esta inxustiza ata que nun futuro próximo consigamos acadar unha igualdade real entre tódolos xéneros e que as mulleres poidan ter os mesmos dereitos e oportunidades que os homes. No manifesto sinalamos a desigualdade no ámbito laboral e doméstico, reclamamos a igualdade de oportunidades no ensino, rexeitamos os estereotipos que perpetúan a desigualdade, apoiamos o empoderamento das mulleres e dende logo rexeitamos calquera violencia machista. Acompañamos a lectura do manifesto cunha escolla de imaxes da artista Mar Caldas da serie fotográfica Facedoras que precisamente vai encamiñada a poñer de relevo o papel da muller na sociedade, nomeadamente no mundo laboral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario