Día de ROSALÍA💜
O pasado 23 de febreiro celebrouse no IES Macías o Namorado o día de Rosalía, día no que o alumnado participou nun acto conxunto celebrado na Praza de Macías o Namorado, con representantes dos Concellos de Rois, Dodro e Padrón.
Logo dunha ofrenda floral ante a estatua da poetisa no Espolón, xunto co alumnado do IES Camilo José Cela, o alumnado leron poemas en homenaxe á escritora.
Ao mesmo tempo, dentro do IES, fixéronse dous actos de homenaxe:
-O alumnado de 1º e 2º da ESO leerán un manifesto louvando a figura de Rosalía e declamaron, acompañados do profesorado, varios poemas rosalianos no Salón de Actos.
-Seguidamente o alumnado de 4º da ESO fixeron unha homenaxe baixo o mural de Lidia Cao que dende hai varios anos, lembra para sempre á padronesa do noso IES.
Con estas tres lembranzas a comunidade do Macías lembrou á nosa Rosalía💜
Ningún comentario:
Publicar un comentario