💜 25 DE NOVEMBRO
Nesta data tan relevante, faise preciso levar ao alumnado a importancia de ter tolerancia cero ante calquera actitude machista. Por desgraza, moitas veces rematan en casos terribles de violencia.
O EDLG quixo contribuír, como cada ano, á conmemoración deste día con varias achegas que amosan o seu firme e claro compromiso con esta causa. Agradecemos ás alumnas que participaron a súa boa disposición e interese por formar parte desta proposta.
Matilde Pena, coordinadora deste equipo, escribe este manifesto, tan necesario e imprescindible na coeducación do noso IES, para conseguir unha sociedade igualitaria, respectuosa coas mulleres, sen violencias machistas. Presentamos así Abrindo portas... "quererte é a chave", coa marabillosa voz da nosa alumna de 2º Bacharelato Naiara Romero Morono:
Abrindo portas... "quererte é a chave"
O seguinte poema, Perdémonos na primavera, escrito tamén por Matilde Pena, foi interpretado pola nosa alumna de 4º ESO Saray del Río Pérez, magnífica neste vídeo que podedes ver aquí:
Ningún comentario:
Publicar un comentario