Parabéns, Guadi

👏 Moitos parabéns, Guadi!

Guadi Galego, imaxe tomada de descubreas.com

A nosa admirada Guadi Galego, vén de ser galardoada co Premio Meninas, pola súa implicación na loita pola igualdade, "utilizando a arte como transformación social e vehículo no seu compromiso contra a violencia machista". 💪💜

A artista galega comparte esta distinción coa Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur), o Foro Feminista de Lugo, Xeracción Sociedade Cooperativa Galega e Pomba Rodríguez a título póstumo.

🎼 Aquí tedes o vídeoclip do seu tema Matriarcas. A darlle ao play!

2 comentarios:

  1. Parabéns tamén á nosa querida Ana Ignacio mantedora deste blog .Grazas por ternos informadas no eido cultural, artístico.

    ResponderEliminar
  2. Nada que agradecer... a seguir, Matilde! 💪💜

    ResponderEliminar