O IES de Arzúa recibiu, o pasado 9 de decembro, o 1º premio no Certame de Curtas da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, na modalidade de Centros de Ensino, pola súa magnífica curtametraxe: Carvalho Calero. Letras Galegas 2020.
E xa podedes gozar da mesma:
Así foi o fallo do xurado: "O xurado decidiu por unanimidade, polo seu valor informativo e didáctico cheo de frescura sen deixar de presentar o lado lúdico da celebración do Día das Letras, coa complexidade que supón a intervención dun número tal elevado de alumnado”.
Dende o EDLG do IES Macías o Namorado non podemos estar máis de acordo, e queremos trasladar os nosos parabéns ao equipo do IES de Arzúa implicado neste marabilloso traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario