- Ons, de Alfonso Zarauza. O filme deste director santiagués conta a historia dunha parella, Vicente e Mariña, que deciden pasar o verán na illa, para evadirse e sanar algunhas feridas abertas. Pero as circunstancias complicaranse neste thriller dramático que pecha algún que outro segredo no seu interior.
Fotograma do filme, tomado de losinterrogantes.com |
💁♀️ Desde o EDLG queremos recomendarvos algúns filmes, series e incluso videoxogos para que enrededes nestes días de lecer que estamos xa a piques de comezar. 📽️ Xa ule a vacacións!!
- El desorden que dejas, de Carlos Montero. Baseada na novela homónima deste escritor celanovés, esta miniserie de 8 capítulos estreouse o pasado 11 de decembro en Netflix, e relata como a vida de dúas mulleres, interpretadas por Inma Cuesta e Bárbara Lennie, conéctanse no espazo e tamén no tempo, con fermosísimas paisaxes galegas e o espectacular IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova como escenario do IES Vilariz.
- O corpo aberto, de Ángeles Huerta. Esta directora e guionista xixonesa, gañadora de tres premios Mestre Mateo co seu documental Esquecendo Monelos, levará agora á gran pantalla un relato de Xosé Luís Méndez Ferrín, que narra a historia de Miguel, un novo e idealista mestre que no outono de 1907 se ve rodeado de estraños sucesos que acontecen nunha aldea perdida entre Galicia e Portugal. Este será un filme rodado en galego-portugués e con produción portuguesa.
Ángeles Huerta, imaxe tomada de acuartaparede.com | |
- The waylanders, un videoxogo de rol con ambientación celta. Gato Studio, ubicado en A Coruña e especializado no desenvolvemento de videoxogos lanza a súa máis grande actualización para The waylanders.
Bótalle unha ollada a esta actualización!! Chámase Community Update, e é a primeira das tres que realizará Gato Studio durante o inverno. Entre outras melloras, destacan algunhas referidas ás orixes das personaxes, un novo modo de foto, e traducións do xogo a novos idiomas: español, galego, ruso, chinés e alemán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario