💁♀️ Non podían faltar tampouco as recomendacións musicais. Toca desta quenda darvos algunhas ideas neste ámbito, esperamos que vos gusten!
- Aida Saco Beiroa. A pianista galega publica en 2019 o seu último traballo, Ronseis do tempo, que conta coas colaboracións de Uxía Senlle e MJ Pérez. Aida foi candidata na 12ª edición dos premios MIN 2020 nas categorías de "mellor álbum" e "mellor videoclip", e semifinalista na de "mellor álbum de clásica".
Aida Saco Beroa, imaxe tomada de premiosmin.com |
No videoclip do tema Déixome ir, gozamos ademais da voz de Uxía e da letra de Darío Xoán Cabana (fragmento de "Guenebra", Amor e tempo liso):
- Guadi Galego. Tamén candidata aos premios MIN 2020 co seu álbum Inmersión (2019), nas categorías de "mellor artista", "mellor canción do ano" e "mellor álbum"; semifinalista tamén na categoría de "mellor álbum de pop".
De Guadi Galego xa deramos a coñecer o seu último traballo, Costuras (podes lembrar a entrada aquí). Mais non queriamos perder a ocasión de ensinarvos esta magnífica interpretación coa que nos inspira a Artística de Merza do seu tema Velutinas. Todo fermosura!:
Ningún comentario:
Publicar un comentario