DÍA DE ROSALÍA
(24 de febreiro de 2023)
O alumnado de 2º e 3º de E.S.O., xunto cos outros centros educativos deste concello, participaron na homenaxe a Rosalía de Castro oraganizada polo Concello de Padrón diante da estatua da Alameda.
O alumnado de 2º de ESO deron lectura a dous poemas de Rosalía:
o Poema nº 17 de Cantares Gallegos: “Pasa río, pasa”.
o “A xustiza pola man” de Follas Novas.
o Alumnado de 3º de ESO recitaron dous poemas, un de Ramón Cabanillas e outro de Curros Enríquez, dedicados a Rosalía.
o Grupo de Cantareiras de 2º BAC cantaron a cantiga de Tanxugueiras: Malquerenza.
o Pechouse o acto coa recital poético-musical a cargo de Iolanda Eiras e Narci Rodríguez.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Equipo da Biblioteca
Ningún comentario:
Publicar un comentario