📅 Mañá, venres 14 de maio, teremos a sorte de recibir no noso IES, vía telemática, á escritora, crítica literaria e profesora viguesa Marga do Val. Gran coñecedora de Xela Arias, Marga achegará a vida da poeta á rapazada de 4º ESO, mediante unha charla-coloquio organizada polo EDLG.
💁♀️ E para presentarvos á nosa convidada, nada mellor que gozar desta lectura que nos fai de A de quen comprende, poema que Xela Arias lle dedicou a Rosalía de Castro. A elección non puido ser máis acertada!
👉 Actualización: Neste vídeo accededes á lectura do poema co que Rosa Enríquez deu comezo a esta xornada, seguida dos primeiros minutos da charla de Marga do Val:
Ningún comentario:
Publicar un comentario