17 de maio, Letras Galegas!!

📜 Hoxe é Día de Letras Galegas!!

Para facer a nosa particular homenaxe á poeta Xela Arias, o EDLG do Macías o Namorado contou novamente coa colaboración da nosa querida Rosa Enríquez, compañeira e tamén poeta, que nos le neste vídeo un dos poemas da obra Denuncia do equilibrio.

Graciñas, Rosa, por poder contar contigo sempre.

👉 Se queredes saber máis sobre Xela Arias, lembrade que temos publicada a súa biografía neste blog. 

Moi feliz día e moi longa vida á nosa lingua!!

1 comentario:

  1. Grazas Roa por todo, por facernos sentir q podemos contar sempre coa túa única, singular e linda voz . Grazas por mostrar a beleza e o goce de ler e a sentir a poesía.
    Grazas por ler desde ti para TODAS nós con esa forza q che caracteriza.

    ResponderEliminar