17 de maio
💙Día das Letras Galegas💙


Este ano facemos unha viaxe polo metaverso con Luísa Villalta📝









Moi feliz día e moi longa vida á nosa lingua!!

CONCURSO SAE DO SAL!

📢📢 Xa está aquí o noso concurso!!

Co motivo a Semana Mundial de Sensibilización sobre o consumo de Sal, propoñemos participar a todo o alumnado do IES Macías o Namorado no noso concurso, SAE DO SAL! 🫙🫙

                        

👉 Podedes consultar toda a información, incluídas as bases do concurso nas seguintes infografías (tamén as tedes na corcheira da vosa aula, e no noso novo recuncho na entrada do instituto):

                            

                           


⚠️🗓️ Tedes ata o 9 de maio para entregar as vosas creacións publicitarias. Que flúa a creatividade!!

Día do libro

 O 23 de abril é o Día Internacional do Libro e para conmemoralo tivemos unha interentísima charla de Alba Rozas da editorial Boadicea na que nos explicou como funciona unha editorial e como é o proceso que seguen dende que un autor entrega o manuscrito do libro ata que por fin sae publicado. Incluso puidemos ver nese mesmo momento como se corrixe, se é preciso, o orixinal do autor para adaptalo as esixencias de publicación editorial.




8 M

 Un ano máis neste oito de marzo seguimos concienciándonos para conseguir erradicar a discriminación que aínda existe na nosa sociedade polo simple feito de ser muller. Continuaremos poñendo de relevo esta inxustiza ata que nun futuro próximo consigamos acadar unha igualdade real entre tódolos xéneros e que as mulleres poidan ter os mesmos dereitos e oportunidades que os homes. No manifesto sinalamos a desigualdade no ámbito laboral e doméstico, reclamamos a igualdade de oportunidades no ensino, rexeitamos os estereotipos que perpetúan a desigualdade, apoiamos o empoderamento das mulleres e dende logo rexeitamos calquera violencia machista. Acompañamos a lectura do manifesto cunha escolla de imaxes da artista Mar Caldas da serie fotográfica Facedoras que precisamente vai encamiñada a poñer de relevo o papel da muller na sociedade, nomeadamente no mundo laboral.





Día de Rosalía

  Día de ROSALÍA💜

O pasado 23 de febreiro celebrouse no IES Macías o Namorado o día de Rosalía, día no que o alumnado participou nun acto conxunto celebrado na Praza de Macías o Namorado, con representantes dos Concellos de Rois, Dodro e Padrón.

Logo dunha ofrenda floral ante a estatua da poetisa no Espolón, xunto co alumnado do IES Camilo José Cela, o alumnado leron poemas en homenaxe á escritora.

Ao mesmo tempo, dentro do IES, fixéronse dous actos de homenaxe:

     -O alumnado de 1º e 2º da ESO leerán un manifesto louvando a figura de Rosalía e declamaron, acompañados do profesorado, varios poemas rosalianos no Salón de Actos.

    -Seguidamente o alumnado de 4º da ESO fixeron unha homenaxe baixo o mural de Lidia Cao que dende hai varios anos, lembra para sempre á padronesa do noso IES.

Con estas tres lembranzas a comunidade do Macías lembrou á nosa Rosalía💜





A ofrenda e lectura de poemas tivo lugar no Paseo do Espolón

onde figura a estatua da célebre escritora




(Fotos IES Camilo José Cela)


                    
                      Lectura do manifesto (1º-2º  da ESO):





E por último, velaquí vos presentamos algúns dos retratos feitos polo alumnado de 4º da ESO
coa materia de expresión artística:








EDLG