Día da Ilustración Galega: Xesús "Chichi" Campos

 O Día da Ilustración celébrase en Galicia o 30 de xaneiro, coincidinto coa data de nacemento de Castelao percisamente para render tamén homenaxe ó que foi un dos nosos ilustradores máis importantes con obra en prensa e recollida en álbumes coma "Cousas da Vida" ó que pertence a escolma de viñetas qqque estivo exposta na entrada do instituto.

Este ano adícaselle a Xesús "Chichi" Campos que ademais de ter sido un dos debuxantes satíricos máis relevantes nos anos 70 e 80 tamén foi un dos pioneiros da banda deseñada en Galicia e guionista para a TVG na súa primeira etapa. Quédavos aquí o enlace á páxina do Día da Ilustración por se queredes saber algo máis.

https://diadailustracion.gal/

Para render a nosa homenaxe a Chichi Campos o alumnado de expresión artística traballou nun conxunto de caricaturas de persoal do centro (non só profes) que están expostas na biblioteca. Recoñecedes a alguén?















 

XANEIRO É DE CASTELAO



Xaneiro é de Castelao... e dende o Macías traballamos arreo para facer esta presentación, que nos quedou ben fermosa!

Moitas grazas a todo o alumnado que participou!











Ademais de todo isto, o noso alumnado de 1º ESO tamén visitou o Museo de Pontevedra para ver a exposición dedicada a Castelao, onde puideron observar as distintas etapas do seu percorrido, impresións sobre as numerosas actividades culturais ás que asistiu, así como reflexións recollidas no seu diario.







EDLG



 VELAÍ VAN ALGÚNS DOS CARTACES  SOBRE O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, FEITOS POLO ALUMNADO DE: 

1ºBAC-ANATOMÍA APLICADA








EDLG



ESTAMOS DE VOLTA!!!! 


Ven ahí o SAMAÍN🎃👻.....pero tamén é tempo da castaña....🌰🌰🌰🌰

E este ano temos novidades!!!!

Ao festexo do samaín engadimos o MAGOSTO!!


31 OUTUBRO POLA TARDE



Aquí tedes os cartaces, esperamos moita participación😉

























DÍA INTERNACIONAL DA MULLER




(8 de marzo de 2023)




Un ano máis, celebramos o Día Internacional da Muller coa lectura, por parte de alumnas de 2º BAC dun manifesto no 2º recreo.




 





 


  

MANIFESTO 8M, DIA INTERNACIONAL DA MULLER



O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, é unha data destacada no calendario internacional para lembrar que a desigualdade de xénero é unha realidade en todo o mundo e que se ben foron moitos os logros acadados, quedan moitas desigualdades que superar.


O Día Internacional da Muller conmemora a loita das mulleres por acadar a igualdade na sociedade e é, por tanto, unha xornada de reivindicación e loita contra a desigualdade entre homes e mulleres, representando ademais unha ocasión para a lembranza e homenaxe ás mulleres que impulsaron estes ideais.


As manifestacións feministas de mediados do século XIX en Estados Unidos e Inglaterra, directamente vinculadas coas consecuencias da industrialización, foron sinaladas como grandes fitos na historia feminista e da conmemoración do 8 de marzo. Nestas mobilizacións as mulleres demandaban mellores condicións de traballo e o recoñecemento do dereito fundamental ao voto. 


En Galicia tamén se produciron importantes mobilizacións de mulleres por motivos similares. En 1857, na Fábrica de Tabacos de A Coruña produciuse a primeira folga de mulleres da historia de España. Miles de mulleres manifestáronse en contra dunhas condicións de traballo de máxima precariedade, con xornadas de máis de doce horas e soldos de menos da metade do que cobraban os homes.


Todos os seres humanos somos iguais ante a lei e debemos ter opción de desfrutar de idénticas oportunidades para desenvolver as nosas capacidades e talentos.


A igualdade entre homes e mulleres é un principio xurídico universal recoñecido en diversos textos internacionais sobre dereitos humanos entre os que destaca a Convención sobre a Eliminación de todas as Normas de Discriminación contra a Muller, aprobada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas en decembro de 1979, e ratificada por España en 1983.


O artigo 14 da Constitución Española proclama o dereito á igualdade e a non discriminación por razón de sexo. E o artigo 9.2 consagra a obriga dos poderes públicos de promover as condicións para que a igualdade sexa real e efectiva.

Pero ademais de reformas xurídicas cómpre que o sistema educativo se involucre con propostas docentes e metodolóxicas que garantan unha educación máis igualitaria e inclusiva.


Por iso, desde o IES Macías o Namorado reivindicamos máis educación en igualdade e con perspectiva de xénero.


 

POR UNHA SOCIEDADE MÍAS IGUALITARIA ONDE MULLERES E HOMES TEÑAN OS MESMOS DEREITOS E OPORTUNIDADES!



VIVA O 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!



Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Biblioteca