🥳 Feliz ano 2022 a todas e todos os lectores deste blog!
Este ano é o ano das TANXUGUEIRAS.
👩🏫 Tanxugeiras foi a palabra do ano 2021 finalmente escollida na votación proposta pola RAG. "O termo é unha alteración da forma etimolóxica Teixugueira, un zootopónimo común no país que sinala os sitios onde hai presenza ou abundancia de teixugos ou porcos teixos, un tipo de mamífero de vida nocturna que se alimenta de bichocas, landras e plantas coma a do millo, polo que nalgúns lugares de Galicia se tocaba o corno polas noites para espantalo. Esta voz popular remite probablemente ao latín taxo, taxonis, o nome latino que recibía o ‘teixugo’, aínda que podería vir tamén dunha suposta forma xermánica *thahsus ou do gótico *thahsuks." Para saber máis sobre as palabras candidatas, preme no portal das palabras.
Tanxugueiras, imaxe tomada de farodevigo.es |
🎶 Pero Tanxugueiras tamén é o nome da banda galega que mestura a música tradicional co estilo moderno e urbano próximo ao trap e á electrónica. Integrada polas voces de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, estas tres cantareiras non deixan indiferente á quen as escoita. Todo un espectáculo que emociona e deixa con ganas de máis.
👉 Unha proba? O temazo co que este trío de artistas compite para representar a España en Eurovisión: TERRA. Xa estás tardando en darlle ao play!
Wowwww!! A nosa colega Ana Ignacio sempre tentando pornos ao día neste blog. É poliédrica, o mesmo nos informa de curiosidades lingüísticas que de etimoloxía, música...e por suposto en bioloxía sen esquecer as súas artes nas Tics. Non hai quen a pare.
ResponderEliminarGracísimas Ana!!
Matilde, sempre agradecida! A seguir achegándonos á rapazada!
ResponderEliminar