Comezamos co ciclo das festas do ano. Iníciase o ciclo de inverno co recordo ós nosos defuntos e defuntas. A finais de outubro teñen o seu protagonismo as ánimas e o alén. E para recordarnos ou darnos a coñecer as nosas tradicións coma as cabazas de Samaín, os colares de zonchos, a Compaña...tivemos unhas charlas a cargo de Orgullo Galego nas que nos falaron da súa orixe, por que se foron perdendo e como se foron recuperando en tempos recentes.