🎧🎤🎵 Para estas fins de semana de pandemia, que mellor que dar propostas musicais que se afastan do habitual. Botade unha ollada a estes vídeos que, como mínimo, non vos deixarán indiferentes. 😮
Xa nos contaredes se vos gustan!
🎧🎤🎵 Para estas fins de semana de pandemia, que mellor que dar propostas musicais que se afastan do habitual. Botade unha ollada a estes vídeos que, como mínimo, non vos deixarán indiferentes. 😮
Xa nos contaredes se vos gustan!
Máis montaxes sobre Castelao:
📢 Esta semana estamos de estrea: abrimos unha conta de Instagram, co obxectivo de dar maior difusión a este proxecto. Na información do perfil do noso usuario (@edlgmacias) amosarase o enderezo deste blog.
Nestes tempos de pandemia, esperamos facer viaxar telematicamente as nosas ideas e chegar lonxe con elas!! ✈️ E o mellor de todo: recibir de xeito inmediato os vosos comentarios e suxestións. 📩😊
Nova etapa en redes sociais para o EDLG do Macías! 💻💜
Castelao tamén pon aos nenos como protagonistas:
![]() |
Imaxe tomada de tarabelateca.blogspot.com |
![]() |
Imaxe tomada de uvigo.gal |
Por último, velaquí a estampa de Cousas da vida, e a montaxe que o EDLG do Macías preparou para esta entrada do blog:
Que importantes son as amizades, e máis se a través delas coñeces fermosuras coma esta, creada por Guadi Galego, e incluída no seu álbum Costuras, do que xa vos falamos.
Non podiamos perder a ocasión de deixala no blog (á espera de que se publique o videoclip, prometemos acutalización!). E a vós, tamén vos inspira este "de súpeto, como da nada, os zocos de eferro correron por min..."? 🎵🎶💜🌟
Desde esta semana xa está dispoñible, en galego, o Calendario Científico Escolar 2021, un proxecto que quere recoller cada día un aniversario científico ou tecnolóxico. Este calendario vén acompañado, ademais, dunha guía didáctica para o seu aproveitamento educativo transversal nas clases.
Xaneiro ule e sabe a Castelao. Neste mes naceu Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un 29 de xaneiro de 1886 e, casualmente, é tamén o mes en que morre: o 7 de xaneiro de 1950.
A esta figura senlleira da nosa cultura queremos adicarlle un lugar no noso blog, como homenaxe ao político, debuxante, dramaturgo, artista... Comezaremos a nosa viaxe pola vida de Castelao deixándovos o a ligazón á súa biografía, unha fotografía de arquivo e unhas cantas imaxes para que gocedes coas súas reflexións:
Biografía, obra e ligazóns de interese sobre Castelao
Voltamos renovadas, coas pilas cargadas e cheas de enerxía para continuar dinamizando este blog. As nosas cabeciñas xa se puxeron a cavilar, así que esperamos, pronto, darvos algunha que outra sorpresa. Quedade atentas e atentos! 👀
Animádevos a participar! Queremos ler os vosos comentarios, estariamos encantadas de recibir as vosas suxestións. Este trimestre, ademais, seredes máis protagonistas que nunca do noso proxecto. 😉
E ata aquí podemos ler. 🤐